Auditorio de Ferrol

O Auditorio municipal é a última incorporación ao patrimonio arquitectónico cultural da cidade. É un moderno edificio de 7.000 metros cadrados, con vistas á ría e situado no populoso barrio de Caranza, a carón doutro inmoble importante para a cultura ferrolá, o Conservatorio de Música Xan Viaño. O seu deseño foi froito dun concurso de ideas convocado pola Xunta.

A súa configuración é a dun cubo aparentemente hermético pero moi luminoso, e no seu interior presenta acabados en madeira.

Foi inaugurado en marzo de 2014, coa celebración da tradicional Festa das Pepitas daquel ano, no que coincidía a súa declaración como Festa de Interese Turístico Galego.

FICHA TÉCNICA

Dirección: Avda. do Mar, s/n. 15406 Ferrol

Teléfono: 981 944 245

Capacidade: 860 espectadores

Compartir Este Espacio
Venue Details
  • Dirección
    Avda. do Mar, s/n. 15406 Ferrol
  • Teléfono
Venue Details
  • Dirección
    Avda. do Mar, s/n. 15406 Ferrol
  • Teléfono
Venue Map
Events of the Venue
Puede que también te gusten estos eventos.
  • clásica
18 de diciembre de 2025
20:30
Roberto González-Monjas é un destacado director de orquestra e violinista español, recoñecido pola súa versatilidade e visión artística. Ocupa postos de gran relevancia internacional, como a dirección da Orquestra Sinfónica de Galicia e a Osquestra do Mozarteum de Salzburgo, convirténdose...
  • Auditorio
  • clásica
6 de noviembre de 2025
20:30
Ana María Patiño é unha aclamada directora de orquestra colombiana, recoñecida pola súa destacada traxectoria a nivel internacional. Foi finalista do Concurso Internacional de Dirección Sir Georg Solti e gañadora do Premio Nacional 2021 ao mellor director da Orquestra Filarmónica...
  • Auditorio
  • CICLO HUMOR
24 de octubre de 2025
20:30
‘O ser humano só utiliza un 10% do cerebro’. Hai uns anos dicíase que esta frase era falsa. Con todo, hoxe en día creo que é certa. De feito, hai xente que o utiliza un 0%. igual que hai cervexa...
  • Auditorio de Ferrol