Centro Cultural Torrente Ballester

O centro cultural Torrente Ballester dedica a súa actividade á difusión e promoción das artes plásticas, especialmente a arte contemporánea, cunha programación pluridisciplinar.

Está situado no barrio da Magdalena, nun edificio construído no 1783 como sede do Santo Hospital de Caridade, función que cumpriu ata 1983. O deseño é unha obra de Dionisio Sánchez Aguilera que se levou a cabo a través de donacións para facer fronte ás necesidades da vila en materia sanitaria.

Rehabilitado para uso cultural no ano 1993, estreouse o 13 de marzo daquel ano cunha exposición sobre a vida e obra de Concepción Arenal titulada “A la virtud, a la vida, a la ciencia!”

Conta con catro salas de exposicións:

Sala de proxectos. Situada na parte dereita do patio desde a entrada, é unha sala abovedada con ladrillos de obra, con 70 metros cadrados de superficie (38 metros lineais para exposicións) e que se dedica fundamentalmente a mostras de fotografía.

Salas Fernando Álvarez de Sotomayor e Maruja Mallo. Son dúas salas situadas fronte á porta da entrada, atravesando o patio, que se consideran unha a efectos de montaxe de exposicións. Abarcan conxuntamente 500 metros cadrados (máis de 160 metros lineais para exposicións) e dedícanse, pola súa estructura diáfana, a arte contemporánea, incluíndo a escultura. Nelas adoitan celebrarse mostras antolóxicas ou en proceso de artistas consolidados.

Sala Felipe Bello Piñeiro. Atópase na planta baixa da zona vella, á esquerda da entrada. Caracterízase polos seus teitos altos e conta con 137 metros cadrados (48 metros lineais para exposicións) con gran versatilidade en canto ao seu uso. Acolle tanto exposicións de artistas emerxentes locais como mostras de temática xeneralista.

Salas Julia MInguillón, González Collado e lucernarios. Están situadas na primeira e considéranse de xeito conxunto porque nelas expóñense de forma permanente os fondos artísticos do Concello de Ferrol. En total ocupan 267 metros cadrados, aínda que de momento só estarán abertos 177 (98 metros lineais para exposicións).

Para a presentación de propostas de exposicións hai que se dirixir ao correo electrónico didactico.torrente@ferrol.es

O centro cultural dispón ademais dun espazo anexo -a antiga capela- no que se desenvolven actividades culturais en pequeno formato, como os concertos dos Xoves da Capela, representacións teatrais, conferencias ou presentacións de libros, entre outras.

FICHA TÉCNICA

Dirección: R/ Concepción Arenal, s/n. 15402 Ferrol

Teléfono: 981 944 187

Capacidade: 173 espectadores no auditorio da capela

Horario: Inverno (1 de outubro a 31 de maio): De martes a sábado de 11.30 a 14.00 e de 17.00 a 21.00. Domingo de 11.30 a 14.00. Luns pechado.

Verán (1 de xuño a 30 de setembro) De martes a sábado de 11.30 a 14.00 e de 19.00 a 21.00. Domingo de 11.30 a 14.00. Luns pechado.

Entrada gratuíta

Compartir Este Espacio
Venue Details
  • Dirección
    Concepción Arenal, s/n. 15402 Ferrol
  • Teléfono
Venue Details
  • Dirección
    Concepción Arenal, s/n. 15402 Ferrol
  • Teléfono
Venue Map
Events of the Venue
Puede que también te gusten estos eventos.
19 de mayo de 2026
18:00
O martes 19 de maio, terá lugar ás 18:00 horas no Centro Cultural Torrente Ballester a obra «Gabinete Mirabilia!» da compañía de teatro De Pablísimo.
  • Centro Cultural Torrente Ballester
Gratuito
  • Música
17 de mayo de 2026
19:30
O grupo de música folk ferrolán Lenda Ártabra fai un percorrido musical por temas dos seus dous discos publicados, Noites de Lenda e Din de Min. Concerto incluído na celebración das Letras Galegas 2026.
  • Centro Cultural Torrente Ballester
Gratuito
  • Música
14 de mayo de 2026
20:30
Blues do País, formado por Bieitta James, a gran Diva Rural (Iseo Agilda) e Pepe King, o Bluesmanciño que a acompaña (Brais das Hortas), e xuntos versionan clásicos do Blues, Soul, Rhythm’n’Blues… e o adaptan á idiosincrasia e retranca galegas....
  • Centro Cultural Torrente Ballester
3