Exposición: Lois Patiño. “Marea”

Na sala Álvarez de Sotomayor do centro cultural Torrente Ballester pódese visitar a exposición de Lois Patiño “Marea”.

Marea é unha vertebración alterada do espazo-tempo, unha suspensión narrativa a partir do seu traballo audiovisual. Marea incítanos ao desprazamento, á pausa, e a un esvaramento do instante en devir desde o seu agora. O elemento activo e perdurable da esencialidad da memoria é un fundamento consecuente para Lois Patiño: a experiencia do tempo humano en intimidade. Un tempo que, séndolle propio, o é tamén para cada un de nos. Un «tempo-achega» que, disolvéndose, reintégrasenos. Un «tempo-paisaxe» en retornos complexos, fluídos, capacitados polos seus estímulos e polos seus reencadres na nosa imaxinación confiable.

Compartir este evento
Detalles do Evento
Detalles do Evento