Programa de Teatro Veciñal

O Concello de Ferrol puxo en marcha no ano 2021 uns obradoiros de teatro de longa duración -de outubro a xuño- dirixidos a persoas sen experiencia previa, nin profesional nin amadora. Guiados por unha monitora, os e as participantes deben crear de cero unha obra teatral que fale das súas vidas, da comunidade á que pertenecen, da historia ou da identidade local. As obras resultantes son representadas nun espazo cultural municipal, abertas ao público.