Cóntame Ferrol

“Cóntame Ferrol” é unha iniciativa municipal posta en marcha no 2021 para recompilar, preservar e difundir contidos sobre o territorio, xerando un espazo de participación cultural da cidadanía ferrolá mediante o uso de ferramentas dixitais. Estes contidos serán espazos web, plataformas audiovisuais, novas narrativas, arquivos sonoros, fotográficos ou en vídeo así como obras escritas e proxectos expositivos, entre outros formatos, tanto a nivel profesional como amador e sempre que teñan relación con Ferrol.

Máis información:

https://www.ferrol.gal/contameferrol