Semana de Poesía Salvaxe

A Semana de Poesía Salvaxe é un festival poético inspirado por Juan Carlos Valle “Karlotti”, Guillermo Ferrández e Marcos Lorenzo e organizado polo Concello de Ferrol, que leva a palabra ás rúas e espazos públicos da cidade. Na iniciativa participa a comunidade de poetas, pero tamén está aberto ás intervencións do público en xeral, con versos propios e alleos, xa que a liberdade é a súa principal premisa.

Máis información:

https://www.poesiasalvaxe.gal