Ferrol Escena

O programa Ferrol Escena ten como obxectivo contribuír á difusión e promoción das diferentes manifestacións artísticas, música, teatro, folclore, danza, etc. a nivel afeccionado, e achegalas ás entidades veciñais do concello. A participación está aberta a todos os grupos de artes escénicas, formacións musicais e asociacións de veciños inscritos no rexistro municipal de entidades do Concello de Ferrol e as actuacións desenvólvense nas fins de semana.