Auditorio de Ferrol

O Auditorio municipal é a última incorporación ao patrimonio arquitectónico cultural da cidade. É un moderno edificio de 7.000 metros cadrados, con vistas á ría e situado no populoso barrio de Caranza, a carón doutro inmoble importante para a cultura ferrolá, o Conservatorio de Música Xan Viaño. O seu deseño foi froito dun concurso de ideas convocado pola Xunta.

A súa configuración é a dun cubo aparentemente hermético pero moi luminoso, e no seu interior presenta acabados en madeira.

Foi inaugurado en marzo de 2014, coa celebración da tradicional Festa das Pepitas daquel ano, no que coincidía a súa declaración como Festa de Interese Turístico Galego.

FICHA TÉCNICA

Dirección: Avda. do Mar, s/n. 15406 Ferrol

Teléfono: 981 944 245

Capacidade: 860 espectadores

Compartir este espazo
Detalles do Espazo
  • Dirección
    Avda. do Mar, s/n. 15406 Ferrol
  • Teléfono
Detalles do Espazo
  • Dirección
    Avda. do Mar, s/n. 15406 Ferrol
  • Teléfono
Mapa de Eventos
Eventos do espazo
Pode que tamén che gusten estos eventos.
  • Familiar
29 de Marzo de 2026
17:00
En Las guerreras K-Pop descubrirás que detrás das estrelas máis brillantes do pop coreano, como Rumi, Mira e Zoey da banda HUNTR/X, escóndense auténticas cazadoras de demos. Este show non é só unha homenaxe musical, é unha experiencia vibrante que che...
  • Auditorio de Ferrol
Desde 24