Auditorio de Ferrol

O Auditorio municipal é a última incorporación ao patrimonio arquitectónico cultural da cidade. É un moderno edificio de 7.000 metros cadrados, con vistas á ría e situado no populoso barrio de Caranza, a carón doutro inmoble importante para a cultura ferrolá, o Conservatorio de Música Xan Viaño. O seu deseño foi froito dun concurso de ideas convocado pola Xunta.

A súa configuración é a dun cubo aparentemente hermético pero moi luminoso, e no seu interior presenta acabados en madeira.

Foi inaugurado en marzo de 2014, coa celebración da tradicional Festa das Pepitas daquel ano, no que coincidía a súa declaración como Festa de Interese Turístico Galego.

FICHA TÉCNICA

Dirección: Avda. do Mar, s/n. 15406 Ferrol

Teléfono: 981 944 245

Capacidade: 860 espectadores

Compartir este espazo
Detalles do Espazo
  • Dirección
    Avda. do Mar, s/n. 15406 Ferrol
  • Teléfono
Detalles do Espazo
  • Dirección
    Avda. do Mar, s/n. 15406 Ferrol
  • Teléfono
Mapa de Eventos
Eventos do espazo
Pode que tamén che gusten estos eventos.
  • Familiar
6 de Xuño de 2026
17:30
Dakris, o Mago Invisible, Primeiro Premio Nacional de Maxia, creativo en televisión e galardoado co premio ao mellor mago do ano, fará que cambies o teu concepto da «Realidade». Teletransportacións, desaparicións, mentalismo, ilusións con obxectos do público; son algunhas das cousas que...
  • Auditorio de Ferrol
Desde 33
  • Música
  • Rock(&)Ferrol
4 de Xullo de 2026
20:30
Eloxiado por The New York Times pola súa “xenuína orixinalidade”, Rufus Wainwright é un dos grandes vocalistas e compositores da súa xeración. Con dez discos de estudo e colaboracións con iconos como Elton John o Joni Mitchell, tamén escribiu dúas...
Desde 24
  • clásica
4 de Xuño de 2026
20:30
Os compositores impresionistas, liderados por Claude Debussy e Maurice Ravel, revolucionaron a música a finais do século XIX e comezos do XX. Este estilo, eminentemente mediterráneo, caracterízase pola énfase na cor tonal, a atmósfera e a sutileza, en lugar de...
  • Auditorio de Ferrol
Desde 16€ (socios 5)