Centro Cultural Torrente Ballester

O centro cultural Torrente Ballester dedica a súa actividade á difusión e promoción das artes plásticas, especialmente a arte contemporánea, cunha programación pluridisciplinar.

Está situado no barrio da Magdalena, nun edificio construído no 1783 como sede do Santo Hospital de Caridade, función que cumpriu ata 1983. O deseño é unha obra de Dionisio Sánchez Aguilera que se levou a cabo a través de donacións para facer fronte ás necesidades da vila en materia sanitaria.

Rehabilitado para uso cultural no ano 1993, estreouse o 13 de marzo daquel ano cunha exposición sobre a vida e obra de Concepción Arenal titulada “A la virtud, a la vida, a la ciencia!”

Conta con catro salas de exposicións:

Sala de proxectos. Situada na parte dereita do patio desde a entrada, é unha sala abovedada con ladrillos de obra, con 70 metros cadrados de superficie (38 metros lineais para exposicións) e que se dedica fundamentalmente a mostras de fotografía.

Salas Fernando Álvarez de Sotomayor e Maruja Mallo. Son dúas salas situadas fronte á porta da entrada, atravesando o patio, que se consideran unha a efectos de montaxe de exposicións. Abarcan conxuntamente 500 metros cadrados (máis de 160 metros lineais para exposicións) e dedícanse, pola súa estructura diáfana, a arte contemporánea, incluíndo a escultura. Nelas adoitan celebrarse mostras antolóxicas ou en proceso de artistas consolidados.

Sala Felipe Bello Piñeiro. Atópase na planta baixa da zona vella, á esquerda da entrada. Caracterízase polos seus teitos altos e conta con 137 metros cadrados (48 metros lineais para exposicións) con gran versatilidade en canto ao seu uso. Acolle tanto exposicións de artistas emerxentes locais como mostras de temática xeneralista.

Salas Julia MInguillón, González Collado e lucernarios. Están situadas na primeira e considéranse de xeito conxunto porque nelas expóñense de forma permanente os fondos artísticos do Concello de Ferrol. En total ocupan 267 metros cadrados, aínda que de momento só estarán abertos 177 (98 metros lineais para exposicións).

Para a presentación de propostas de exposicións hai que se dirixir ao correo electrónico didactico.torrente@ferrol.es

O centro cultural dispón ademais dun espazo anexo -a antiga capela- no que se desenvolven actividades culturais en pequeno formato, como os concertos dos Xoves da Capela, representacións teatrais, conferencias ou presentacións de libros, entre outras.

FICHA TÉCNICA

Dirección: R/ Concepción Arenal, s/n. 15402 Ferrol

Teléfono: 981 944 187

Capacidade: 173 espectadores no auditorio da capela

Horario: De martes a sábado de 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 20.30. Domingo de 11.00 a 14.00. Luns pechado.

Entrada gratuíta

Compartir este espazo
Detalles do Espazo
  • Dirección
    Concepción Arenal, s/n. 15402 Ferrol
  • Teléfono
Detalles do Espazo
  • Dirección
    Concepción Arenal, s/n. 15402 Ferrol
  • Teléfono
Mapa de Eventos
Eventos do espazo
Pode que tamén che gusten estos eventos.
  • Exposicións
19 de Outubro de 2024
O coñecemento da figura de Manuel Patinha ven dado, sen dúbida pola súa faceta escultórica. Sen embargo, é imposible desligar esta do resto da súa produción artística; pintura, debuxo, gravado e poesía forman parte da súa produción e da súa...
  • Centro Cultural Torrente Ballester
Free
  • Exposicións
31 de Agosto de 2024
Na sala de Proxectos do centro cultural Torrentes Ballester pódese visitar a mostra “Visións dende Ferrolterra”, da Asociación Fotografía Ferrolterra. Trátase dunha exposición fotográfica dos membros da Asociación Fotografía Ferrolterra, na que os membros da asociación expoñen parte dos seus...
  • Centro Cultural Torrente Ballester
Free
  • Exposicións
3 de Setembro de 2024
Na sala Bello Piñeiro do centro cultural Torrente Ballester móstrase “Benito Vicetto e a historia da prensa ferrolá” É unha exposición homenaxe ao literato, poeta e historiador Benito Vicetto no bicentenario do seu nacemento a través de bibliografía, imaxes e...
  • Centro Cultural Torrente Ballester
Free